Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía Animal I Código 610G02035
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Couceiro Lopez, Lucia
Correo electrónico
lcouceiro@udc.es
Profesorado
Álvarez Bermúdez, María
Couceiro López, Lucía
Correo electrónico
maria.alvarez.bermudez@udc.es
lucia.couceiro@udc.es
Web
Descrición xeral O animal como sistema aberto e un todo integrado. Intercambio de materia e enerxía co medio. Estudo das diferentes funcións dos animais e a súa regulación. Unha perspectiva comparada.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Tal e como se indica a continuación, mantéñense tódalas metodoloxías docentes inicialmente previstas, se ben é precisa a súa modificación e adaptación a un escenario de non presencialidade. - Actividades iniciais - Sesións maxistrais - Seminarios (computan na avaliación) - Prácticas de laboratorio (computan na avaliación) - Traballos tutelados (computan na avaliación) - Proba obxectiva (computa na avaliación) - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Actividades iniciais: no caso de que esta sesión non se poida impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, impartirase de xeito telemático facendo uso das ferramentas institucionais dispoñibles (Microsoft Teams). - Sesións maxistrais: no caso de que estas sesións non se poida impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, impartiranse de xeito telemático facendo uso das ferramentas institucionais dispoñibles (Microsoft Teams). - Seminarios (computan na avaliación): no caso de que os seminarios non se poidan impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptaranse para a súa realización en modo de non presencialidade. - Prácticas de laboratorio (computan na avaliación): no caso de que as prácticas de laboratorio non se poidan impartir de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptaranse para a súa realización en modo de non presencialidade e respectando na medida do posible os contidos orixinais. - Traballos tutelados (computan na avaliación): no caso de que o seguimento/titorización dos traballos tutelados non se poida realizar de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptarase para a súa realización en modo de non presencialidade. - Proba obxectiva (computa na avaliación): no caso de que a proba obxectiva non se poida realizar de maneira presencial debido a un novo confinamento, adaptarase para a súa realización empregando a plataforma Moodle. - Atención personalizada: ver máis abaixo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Frecuencia? Diaria. Uso? Realización de consultas, solicitude de encontros virtuais para resolver dúbidas e/ou seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Frecuencia? Diaria. Uso? Comunicación de novas e/ou seguimento dos traballos tutelados. - Microsoft Teams: Frecuencia? Semanal (na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade). Uso? Avance dos contidos teóricos; ademais, a petición do/a alumno/a, tamén se poderá utilizar fóra de dito horario co gallo de resolver dúbidas, apoiar a realización e seguimento dos traballos tutelados, etc. 4. Modificacións na avaliación O sistema de avaliación e peso relativo das distintas metodoloxías (incluíndo os requisitos de nota mínima) mantéñense invariables respecto dos que xa figuran na guía docente. Non obstante, tal e como se indica no punto segundo deste plan, ditas metodoloxías serán modificadas e adaptadas a un escenario de non presencialidade. - Seminarios: 15% - Prácticas de laboratorio: 15% - Traballos tutelados: 15% - Proba obxectiva: 55% *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que xa figuran na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes