Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Animal Physiology I
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities A primeira hora do curso dedicarase a presentar a materia. Expoñerase brevemente o programa teórico e explicaranse as distintas actividades, así como o sistema de avaliación. Se ben a asistencia á mesma non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais (28 sesións cunha duración de 50 minutos cada unha) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Nelas expoñeranse 20 temas cos principais contidos da materia. O material empregado nestas sesións estará a disposición dos/as alumnos/as a través da plataforma Moodle. Se ben a asistencia ás mesmas non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE.
Seminar Os seminarios levaranse a cabo durante as horas de teoría en grupos reducidos. Neles incidirase sobre algúns dos aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais para o cal se executarán actividades de distinta natureza: visión de vídeos, elaboración de materiais, presentación de traballos, etc. As actividades e/ou probas curtas asociadas, realizadas no contexto destes seminarios, serán consideradas como parte da avaliación individual do/a alumno/a. Se ben a participación nos mesmos non é obrigatoria, si é moi RECOMENDABLE.
Laboratory practice As prácticas de laboratorio teñen carácter OBRIGATORIO. Nelas manexaranse distintos organismos (en ocasións empregando unha contorna virtual) co fin de estudar as diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Supervised projects Os/as alumnos/as poderán realizar, en pequenos grupos e de xeito OPTATIVO, un traballo que lles permitirá afondar na fisioloxía dun grupo/especie particular. A súa elaboración será supervisada periodicamente polas profesoras, en persoa ou facendo uso de medios telemáticos (e-mail, Moodle ou Microsoft Teams).
Objective test Proba que combina distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico. Alternativamente, os/as estudantes terán a posibilidade de realizar probas obxectivas parciais ao longo do curso (unha proba por cada bloque teórico, 5 probas en total) que lles permitirán superar a materia mediante unha avaliación continua.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes