Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Subjects
  Animal Physiology I
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Avaliaranse as actividades desenvolvidas ao longo dos seminarios e/ou as probas curtas asociadas. A nota obtida supoñerá un 15% da nota final.
Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non participen nas actividades desenvolvidas nos mesmos, obterán unha cualificación de 0 puntos.
A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final no caso do alumnado que teña que acudir á segunda oportunidade (xullo).
15
Short answer questions A4 A10 A17 A26 A28 A29 B1 B2 B3 B8 B9 Ao remate das prácticas realizarase unha proba escrita sobre o contido das mesmas. Esta proba de resposta breve supoñerá o 15% da nota final. 15
Objective test A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Ao remate do cuadrimestre realizarase unha proba escrita sobre os contidos teóricos abordados nas sesións maxistrais. A proba obxectiva supoñerá o 70% da nota final (máximo 7 puntos sobre 10, non obstante, é PRECISO OBTER UN MÍNIMO DE 4.5 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia). 70
 
Assessment comments
Para a avaliación da materia terase en conta o coñecemento do programa teórico e das prácticas de laboratorio, así como as actividades e/ou probas curtas asociadas levadas a cabo no contexto dos seminarios. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. Para superar a materia deberanse cumprir os criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos.
Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran ás probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas.
Serán considerados SUSPENSOS os alumnos que si concorran a ditas probas maisnon acaden a puntuación global de 5.0 puntos ou teñan unha nota na proba obxectiva inferior a 4.5 puntos sobre 10 (independentemente da nota de seminarios e proba de resposta breve en relación coas prácticas de laboratorio). No caso de que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a 5.0 puntos pero a parcial de contidos teóricos (proba obxectiva) non superara a nota mínima esixida, a cualificación numérica final será de 4.9 puntos.
Os alumnos repetidores que teñan superado as prácticas nos tres anos inmediatamente anteriores poden conservar a nota destas ou, se o desexan, mellorala.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera das actividades avaliables programadas na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes