Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal I
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Organografía microscópica/610G02009
Bioquímica I/610G02011
Bioquímica II/610G02012
Zooloxía I/610G02031
Zooloxía II/610G02032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fisioloxía Animal II/610G02036

Observacións

As sesións maxistrais son recomendables con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Igualmente, é esencial que o alumnado faga uso da Plataforma Virtual da UDC (Moodle) para o desenvolvemento da materia. Requírese saber redactar, sintetizar e presentar un traballo ordenadamente, sobre contidos teóricos e/ou prácticos. Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.). Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
b. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes