Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio e a actitude ao longo das mesmas. Haberá un exame (Proba de resposta breve) para avaliar de xeito obxetivo os coñecementos adquiridos durante as prácticas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
0
Proba obxectiva A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 50% na nota final (máximo 5 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
50
Seminario A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates, exercicios escritos (exames curtos individuais ou en grupos de alumnos, dentro do grupo de seminario) e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. 35
Proba de resposta breve A4 A10 A17 A26 A28 A29 B1 B2 B3 B8 B9 Ao remate das prácticas entregarase o cuestionario das prácticas cuberto e realizarase unha proba escrita sobre o contido das mesmas. A avaliación das prácticas terá en conta ambos, o cuestionario cuberto polo alumno durante as prácticas e o exame. É PRECISO ASISTIR ÁS PRÁCTICAS PARA SUPERAR A MATERIA. De non facelo, o alumno terá que superar un exame de prácticas que realizará o mesmo día que o exame oficial de teoría e deberá obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. 15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Poderá así mesmo valorarse a asistencia ás clases presenciais así como a entrega de posibles tarefas durante o curso. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio”  e/ou participaran nosdebates desenvoltos nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentadoá "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"e/ou participaran nos "seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a unha avaliación ; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio", terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de 5 sobre 10.

- O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” que non puidese asistir ás prácticas, terán que pasar un exame de prácticas e obter unha cualificación mínima de 5 para superar a asignatura.

-Os alumnos que non tendo acadado o mínimo de 4 na proba obxectiva do temario, ou que non fixeron as prácticas nin o exame final de prácticas,  teñan unha calificación de 5 ou superior, figurarán nas actas cunha calificación de 4.9

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes