Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Adaptacións funcionais da fauna ao medio
   Contidos
Temas Subtemas
MEDIO MARIÑO. Temas 1-7 Tema 1.- O medio mariño. Factores que inciden na distribución da fauna. Divisións bióticas do medio mariño.

Tema 2.- O piélago: plancto e necto. O plancto: xeneralidades; distribución espacial, temporal, vertical e migracións nictimerais (significación). O necto: concepto e composición.

Tema 3.- Adaptacións do plancto e necto á vida peláxica. Plancto: suspensión, flotación e natación. Necto: flotación, locomoción.

Tema 4.- Adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo: axustes circulatorios, cambios metabólicos, depósito de O2 e compensación da presión hidrostática.

Tema 5.- Fondos brandos do litoral: características do sedimentos e influencia da actividade animal na estrutura do sedimento. Adaptacións e clasificación da fauna: hábitat, mobilidade, tamaño e alimentación. Escavadores e intersticiais. Mecanismos de alimentación e soterramento.

Tema 6.-. Vida sobre superficies duras do litoral. Características do medio. Organismos e adaptacións tróficas, á altas temperatura e exposición ao aire, ante ondas e correntes, para o mantemento das poboacións.

Tema 7.- Da plataforma continental ás augas profundas. Estabilidade ambiental nas augas profundas. O ambiente físico: características xerais. Tipo de organismos. Adaptacións morfolóxicas e funcionais á escaseza de alimento, ausencia de luz , presión. Bentos profundo.
MEDIO TERRESTRE. Temas 8-14 Tema 8. Introdución xeral aos medios terrestres. Características dos medios terrestres, en relación aos acuáticos, como hábitat para os animais. Principais condicionantes do medio terrestre para a vida animal.

Tema 9. Orixe acuático da vida. Orixe e evolución dos animais terrestres: primeiros animais terrestres. Rutas principais para a colonización da terra. Evolución dos animais terrestres. Categorías de animais terrestres: concepto e características máis importantes da fauna intersticial, criptozoica, higrófila e xerófila.

Tema 10. Factores que afectan á vida animal no medio terrestre. Principais factores que afectan á vida animal no medio terrestre: factores topográficos, edáficos, climáticos, bióticos e impacto humano: influencia do home sobre os medios e os animais terrestres.

Tema 11. Adaptacións morfolóxicas á vida terrestre. Adaptacións locomotoras e mecánicas dos animais á vida terrestre. Tamano, forma e arquitectura corporal dos animais no medio terrestre.

Tema 12. Adaptacións fisiolóxicas á vida terrestre. Principais adaptacións fisiolóxicas dos animais para á vida terrestre. Respiración, peles e cutículas, aforro de auga na excreción.

Tema 13. Adaptacións reprodutoras ao medio terrestre. Condicionantes do medio terrestre para a reprodución dos animais. Adaptacións reprodutoras para a protección dos gametos. Regreso á auga para a reprodución. Uso se pingas de esperma e espermatóforos. Inseminación interna. Adaptacións reprodutoras para a protección das crías. Ovos cleidoicos. Oviparismo e viviparismo. Coidados parentais postnatais.

Tema 14. Adaptacións dos animais aos diferentes medios terrestres. Modelos de adaptación: poboacións insulares. Adaptacións aos medios herbáceos abertos. Adaptacións á estacionalidade. Adaptacións ao frío en medios árticos, antárticos e de alta montaña. Adaptacións á seca e á calor en medios áridos. Outras adaptacións a medios terrestres.
AUGAS DOCES. Temas 15-21 Tema 15.- As augas doces. Tipoloxía das augas epicontinentais. Medios lóticos e lénticos: características xerais. As augas subterráneas e outros ambientes especiais.

Tema 16.-Factores que inciden na distribución da fauna: características químicas das augas continentais. Morfoloxía e dinámica fluvial. Os ecosistemas fluviais galegos. Tipos de comunidades de organismos nos medios acuáticos.

Tema 17.- O bentos (I) Os macroinvertebrados do bentos. Adaptacións reprodutivas e do ciclo de vida. As adaptacións alimentarias.

Tema 18.- O bentos (II). A regulación osmótica. A importancia da temperatura e o problema da conxelación. As adaptacións respiratorias. Adaptacións á vida nas augas correntes.

Tema 19.- A deriva. Composición da deriva. Variacións temporais e espaciais. Efectos da deriva. Mecanismos compensadores da deriva.

Tema 20.- O neuston. Características especiais da superficie da auga. Principais grupos do neuston. Adaptacións xerais.

Tema 21.- O necton. Composición. Modos de vida. Estratexias alimentarias. Adaptacións fisiolóxicas e comportamentais relacionadas coa migración e reprodución.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes