Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Adaptacións funcionais da fauna ao medio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
25
Proba obxectiva A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 60% da nota final (máximo 6 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia; 2,7 sobre 6).
60
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nas
sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de
avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non
concorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos
nos seminarios.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,
tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran
ou non nos debates desenvoltos nos seminarios.

-Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un exame
complementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da proba
obxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de
5.0

Terán carácter de NON PRESENTADO
aqueles alumnos que non concorran á proba obxectiva, tendo ou non
realizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nos
debates desenvoltos nos seminarios.

Serán cualificados con SUSPENSO aquelas alumnos que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación (4,5 sobre 10).

No caso de que existise “Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
”, e que
puidesen non ter realizado as prácticas de laboratorio, estes alumnos deberán
realizar de forma específica un exame de prácticas. Para isto será
imprescindible a información que puidesen obter en titorías específicas,
que incluirá documentación elaborada polo alumnado como parte das
sesións de prácticas previamente realizadas.
A superación da proba obxectiva da materia, que representa o 60% da
cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, polo
menos, unha cualificación de 5.0 no exame de prácticas mencionado. Estes
alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación,
deberán realizar o exame de prácticas citado, e leste terá un peso que
representará o 30% da cualificación final.

Os alumnos que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes