Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Adaptacións funcionais da fauna ao medio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
25
Proba obxectiva A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 Haberá un exame final escrito da materia ao remate do cuadrimestre.
Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos sobre 10). Non obstante, é preciso obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 (2,7 sobre 6) nesta proba para superar a materia.
Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 3 probas obxectivas parciais ao longo do curso. Ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia.
Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un mínimo de 4,5 puntos en todas e cada unha das probas parciais. Os/as alumnos/as que non acaden dita puntuación nalgunha das probas quedarán automaticamente excluídos/as deste sistema de avaliación e deberán presentarse á proba obxectiva final de toda a materia.
60
Prácticas de laboratorio A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programateórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nassesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade deavaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles estudantes que nonconcorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltosnos seminarios.

-Terán carácter de SUSPENSOaqueles estudantes que téndose presentado á proba obxectiva, nonacadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaranou non nos debates desenvoltos nos seminarios.

-Os/as estudantes que concorrendo aunha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un examecomplementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da probaobxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de5.0

Terán carácter de NON PRESENTADOaqueles estudantes que non concorran á proba obxectiva, tendo ou nonrealizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nosdebates desenvoltos nos seminarios.

Serán cualificados con SUSPENSO aqueles estudantes que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación (4,5 sobre 10).

No caso de que existise “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, e que puidesen non ter realizado as prácticas de laboratorio, estes/as estudantes deberán realizar de forma específica un exame de prácticas. Para isto será imprescindible a información que puidesen obter en titorías específicas, que incluirá documentación elaborada polo alumnado como parte das sesións de prácticas previamente realizadas.A superación da proba obxectiva da materia, que representa o 60% da cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, polo menos, unha cualificación de 5.0 no exame de prácticas mencionado. Estes alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, deberán realizar o exame de prácticas citado.

Os/as estudantes que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5.

Os/as estudantes que soliciten presentarse á convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo sinalado na guía docente do curso académico anterior.

As consecuencias da realización fraudulenta das probas ou actividades, están recollidas no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e Reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario , e ó Estatuto do Estudantado da UDC .

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes