Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Etoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Información sobre os obxectivos das actividades e o sistema de avaliación. Pequeno resumo da guía docente.
Sesión maxistral As sesións maxistrais (24) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Os alumnos terán á súa disposición o material empregado nas clases a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos en grupo (2-3 persoas) de carácter obrigatorio baixo a supervisión da profesora, que serán expostos (5-10 minutos) ao longo do curso durante as sesións maxistrais. A súa elaboración será supervisada pola profesora, en persoa ou por correo electrónico.
Seminario Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. Os alumnos serán avialiados en función do grao de participación activa e/ou por medio de pequenos exames.
Investigación (Proxecto de investigación) Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar aos alumnos no uso do método observacional en Etoloxía. Si o tamaño do grupo o permite prevese a realización de prácticas en centros externos á UDC (ex. no Aquarium Finisterrae) e a elaboración dunha memoria final en forma de proxecto de investigación. As actividades terán lugar en galego e inglés.
Proba de resposta breve Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de 10 presuntas de resposta breve
Proba de resposta múltiple A mediados de curso haberá unha proba tipo test sobre parte da materia, que poderá ser impartida en inglés.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes