Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Etoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A20 A23 A26 A27 A28 A30 A32 B13 OBRIGATORIOS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas con formato de publicación científica, que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. Aqueles alumnos que, por causas xustificadas, non poidan asistir ás prácticas programadas, deberán igualmente realizar un traballo práctico baixo a supervisión da profesora.
15
Traballos tutelados A19 B1 B3 B4 B5 B8 B10 OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición.
10
Proba de resposta breve A7 A19 B2 OBRIGATORIO. No exame final, que constará de 10 preguntas breves, as respostas deberán ser claras e concisas. As respostas que reproduzan únicamente o contido das dispositivas de clase poderán ser penalizadas. Para superar a materia os alumnos deberán obter unha CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 nesta proba.
60
Proba de resposta múltiple A7 A19 B2 B8 OBRIGATORIO. Tipo test. Os erros non suporán unha penalización.
10
Seminario A19 B1 B3 B7 B9 B10 B11 Nos seminarios os alumnos serán avaliados en función da participación activa e a calidade das aportacións, así como a través de pequenos exames que se poderán realizar durante os mesmos. OS ALUMNOS AUSENTES TERÁN UNHA CALIFICACIÓN DE 0 PUNTOS. 5
 
Observacións avaliación

A meirande parte da teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10) para poder superar a materia.

A avaliación de parte da materia (que poderá ser impartida en inglés), dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo.

Aqueles alumnos que non participen ten todas as actividades non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado manterase nas dúas oportunidades de avaliación.

Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes