Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Ecoloxía: Ecoloxía I (individuos e ecosistemas)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Examen escrito de toda la materia: teoría, prácticas y seminarios (ver observaciones). 100
 
Observacións avaliación
Un único exame (de data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia: teoría, seminarios (S) e prácticas (P). O seu valor para a cualificación final será proporcional á súa contribución á planificación horaria: 60%, 20% e 20% (respectivamente). Para superar a materia é necesario superar simultáneamente todas e cada unha das tres partes; unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é maior que 4/10.
A asistencia a S e P non é obrigatoria, pero quedará rexistrada.
Os alumnos poden, de forma voluntaria, entregar no momento do exame unha libreta ou memoria en papel sobre o traballo desenvolvido en S e/ou P; o texto principal será manuscrito e o conxunto doadamente lexible. As devanditas memorias elaboraranse segundo guías dispoñibles no campus virtual (Moodle), e a súa cualificación (susceptible de exame oral individual) poderá contribuír a paliar posibles deficiencias na parte correspondente do exame.
De acordo coa normativa vixente, en xeral as libretas S e P non se poderán recuperar ata o final do curso seguinte, polo que é recomendable quedar cunha copia do que se entrega. Non obstante, os alumnos que concorran á oportunidade de xullo poderán recuperar a libreta que tivesen podido presentar anteriormente para aproveitala, mellorala e volver entregala; de ser o caso indicaranse claramente os cambios introducidos na nova versión.
Estas libretas pódense preparar por parellas ou grupos, pero non deben copiarse: son individuais (igual que os respectivos exames) e, polo tanto, deben recoller o traballo e o xeito de interpretalo de cada estudante.
As libretas entregadas en 1ª soben nota e poden polo tanto facer compensable unha parte S ou P.
As entregadas en 2ª non soben nota, pero poden facer compensable e/ou aprobar unha parte S ou P.
A cualificación das libretas entregadas en 1ª oportunidade consérvase só para a 2ª.
As dúas libretas (S e P) serán necesarias para obter unha cualificación de Matrícula de Honra.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes