Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame escrito final de toda a materia: teoría, prácticas e seminarios (ver observacións abaixo pra máis detalles). 50%

50
Proba de ensaio A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame/s parcial/is da materia desenvolvidos ao longo do curso. Non eliminan materia (ver observacións). 30% 30
Estudo de casos A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 Informes das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas (ver observacións). 20%

20
 
Observacións avaliación

A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final proporcional á súa contribución na planificación horaria: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso. 

No caso da primeira oportunidade realizarase unha avaliación continua incluíndo entregables, probas parciais e exame final (en data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación:

60% Teoría (30% de probas parciais + 30% exame final)

20% Seminarios (10% entregables + 10% exame final)

20% Prácticas (10% entregables + 10% exame final)

No caso da segunda oportunidade realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación: 

60% Teoría

20% Seminarios

20% Prácticas

Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a materia é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos 4/10. A nota media para aprobar a materia debe ser un 5.0 sobre 10.

 
Aqueles alumnos que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente aos traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación. Os alumnos recibirán unha cualificación de cero naquelas traballos e/ou probas nos que non se presentou. En caso de non entregar ningunha das tarefas e non presentarse a ningunha das probas convocadas será considerado como non presentado.
A asistencia a Seminarios e Prácticas non é obrigatoria, mais quedará rexistrada.
Os elementos entregables de Seminarios e Prácticas consistirán nun exercicio das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas. Devanditos exercicios realizaranse e entregarán seguindo as indicacións dadas polo profesor (formato, contidos, prazos, etc.) e a súa cualificación será susceptible de exame oral individual, de ser necesario.
Estes exercicios deben realizarse de maneira que recollan o traballo e a interpretación de cada estudante. Os exercicios de seminarios e prácticas serán corrixidos e devoltos aos alumnos antes das correspondentes probas finais de avaliación.
A consecución da matrícula de honra requirirá un nota final de polo menos un 9.0 e a entrega de todos os elementos entregables do curso.
Para os alumnos que poidan acollerse á convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha única proba global con valor do 100%, similar ao descrito anteriormente para a segunda oportunidade.
Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida poderán realizar as actividades propostas ou equivalentes telemáticamente e apoiados mediante titorías (presenciais ou telemáticas)

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente. 

Nos examenes finais de primeira oportunidade cargarase en torno ao 80% das preguntas na materia non cuberta polos examenes parciais. Nos examenes finais de segunda oportunidade as preguntas cubrirán toda a materia por igual xa que non existe exame parcial.





Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes