Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame final da materia: Teoría, Seminarios e Prácticas (ver observacións)
50
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame parcial da materia realizado ao longo do curso (ver observacións) 30
Portafolios do alumno A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Informes das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas (ver observacións) 20
 
Observacións avaliación

A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final de: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso:

 

No caso da primeira oportunidade o alumno poderá optar por unha das seguintes modalidades de avaliación:

 

1. Avaliación continua: incluíndo entregables, exame parcial e exame final (con data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación:

60% Teoría (30% exame parcial + 30% exame final)

20% Seminarios (10% entregable + 10% exame final)

20% Prácticas (10% entregable + 10% exame final)

Aqueles estudantes que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente ós traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación, e unha cualificación de cero naqueles traballos e/ou probas nos que non se presentase. 

 

Avaliación única: incluíndo un exame final (con data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación:

60% Teoría 

20% Seminarios 

20% Prácticas 

Aqueles estudantes que queiran ser avaliados na primeira oportunidade mediante esta modalidade de avaliación única non poderán ter entregado nin presentarse a ningunha das probas da avaliación continua.

 

No caso da segunda oportunidade, independentemente do sistema de avaliación escollido durante a primeira oportunidade, realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) que incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación: 

60% Teoría

20% Seminarios

20% Prácticas

 

Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a disciplina é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos de 4/10. A nota media para aprobar a disciplina debe ser un 5.0. 

A asistencia a seminarios e prácticas non é obrigatoria, pero quedará rexistrada. A asistencia a seminarios e prácticas non obriga a avaliación continua, e o alumno poderá optar por calquera das modalidades de avaliación.

A obtención de Matrícula de Honra requirirá, como mínimo, unha nota final de 9.0 ou superior, e a realización de todas as tarefas propostas para a avaliación continua. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.

Para os estudantes que se poidan acoller á convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha única proba global con valor do 100%, similar ao descrito para a segunda oportunidade.

Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas ou equivalentes telematicamente e apoiados mediante titorías (presenciais ou telemáticas).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes