Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Ecoloxía II: Poboacions e comunidades
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 Exercicios das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas (ver observacións) 20
Proba obxectiva A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 Exame escrito de toda a materia: Teoría, Seminarios e Prácticas (ver observacions)
50
Proba de resposta múltiple A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 Exames parciais desenvolvidos ao longo do curso. Non eliminan materia (ver observacións) 30
 
Observacións avaliación

A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación, que incluirán as tres partes da materia Teoría, Seminarios e Prácticas cunha contribución á cualificación final proporcional á súa contribución na planificación horaria: 60% Teoría, 20% Seminarios e 20% Prácticas. Todos os estudantes terán dúas oportunidades para aprobar o curso: 

No caso da primeira oportunidade realizarase unha avaliación continua incluíndo entregables, probas parciais e exame final (en data marcada por Xunta de Facultade), coa seguinte ponderación: 

60% Teoría (30% probas parciais + 30% exame final) 

20% Seminarios (10% entregable + 10% exame final) 

20% Prácticas (10% entregable + 10% exame final) 

No caso da segunda oportunidade realizarase un único exame final (en data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia coa seguinte ponderación:  

60% Teoría 

20% Seminarios 

20% Prácticas 

Tanto en primeira como en segunda oportunidade para superar a materia é necesario superar simultaneamente todas e cada unha das tres partes (Teoría, Seminarios e Prácticas); unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é polo menos de 4/10. A nota media para aprobar a materia debe ser un 5.0. Aqueles estudantes que entreguen e/ou se presenten a algunha das actividades da avaliación continua serán considerados como presentados, recibindo a cualificación correspondente aos traballos entregados e/ou probas realizadas segundo a súa ponderación, e unha cualificación de cero naquelas traballos e/ou probas nas que non se presentou. En caso de non entregar nin presentarse a ningunha das probas será considerado como non presentado. 

A asistencia a Seminarios e Prácticas non é obrigatoria, pero quedará rexistrada.

Os entregables de Seminarios e Prácticas consistirán en exercicios das actividades desenvolvidas en Seminarios e Prácticas. Devanditos exercicios realizaranse seguindo as indicacións dadas polo profesor (formato, contidos, prazos, etc.) e a súa cualificación será susceptible de exame oral individual de ser necesario. Estes exercicios deben realizarse de maneira que recollan o traballo e interpretación de cada estudante. 

A obtención de Matricula de Honra requirirá, como mínimo, unha nota final de 9.0 ou superior, e a execusión de todas as tarefas propostas no curso.

Para os estudantes que poidan acollerse á convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha única proba global con valor do 100%, similar ao descrito para a segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente. 

Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas ou equivalentes telemáticamente e apoiados mediante titorías (presenciais o telemáticas).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes