Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Paleobioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais abordarán os principos e problemas da paleontoloxía, así como o estudo da historia da vida na Terra. Os alumnos elaborarán os seus propios apuntamentos das clases. Haberá tamén lecturas obrigatorias de temas específicos desenvolvidos durante as clases
Obradoiro Os obradoiros pretenden introducir aos alumnos nas técnicas e metodoloxías usadas actualmente no estudo dos fósiles. Para este labor usaranse modelos virtuais de fósiles e software específico. Os alumnos tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. A asistencia aos talleres é obrigatoria para superar a materia.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio supoñen unha ampliación no coñecemento dos rasgos morfolóxicos esenciais dos principais grupos de fósiles, así como da identificación dos taxóns máis representativos da Península Ibérica. Os alumnos tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia.
Proba obxectiva A calificación da asignatura ten por base un sistema de avaliación continuada e, polo tanto, NON É PRECISA a realización do exame final para aqueles alumnos que rematen con éxito a devandita avaliación continuada. Os alumnos que suspendan algunha das partes ou a totalidade da asignatura sí terán que presentarse ao exame final de aquelas partes que suspenderan
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes