Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Paleobioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais abordarán os principos e problemas da Paleontoloxía, así como o estudo da historia da vida na Terra. Os estudantes elaborarán os seus propios apuntamentos das clases, así como as leituras obrigatorias de temas específicos.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio destinaranse ao coñecemento dos trazos morfolóxicos esenciais dos principais grupos de fósiles, así como á identificación dos taxóns máis representativos da Península Ibérica. Os estudantes tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. Non se permitirán cambios inxustificados na pertenza aos grupos de prácticas establecidos. A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a entrega aos profesores dos cuestionarios cubertos, son obrigatorias para pasar a materia.
Obradoiro Os obradoiros pretenden introducir aos estudantes nos conceptos básicos de tafonomía e sistemática mediante a observación directa dos fósiles. Os estudiantes tomarán os seus propios apuntamentos e resolverán cuestionarios. Non se permitirán cambios inxustificados na pertenza aos grupos de prácticas establecidos. A asistencia aos obradoiros, así como a entrega aos profesores dos cuestionarios cubertos, son obrigatorias para pasar a materia.
Proba mixta A cualificación baséase principalmente na idea da avaliación continua e, por tanto, a realización do exame final NON É NECESARIA para os estudantes que superasen a avaliación continua. Os estudantes que suspendesen partes específicas da materia terán que realizar o exame final só das partes non superadas (ver Paso 7 "Avaliación").
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes