Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Paleobioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio. Estes cuestionarios supoñen un 10% da nota final 10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os principais grupos de fósiles e/ou a súa identificación 25
Sesión maxistral A3 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e a participación en clase. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. A cualificación dos cuestionarios supón un 60% da nota final 65
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 Tal e como se indica no Paso 5, a cualificación toma como base un sistema de avaliación continuada e, por tanto, NON É NECESARIA a presentación ao exame final para aqueles estudantes que superaron a avaliación continuada. Para o resto de estudantes realizarase un exame final das partes específicas que teñan suspendidas (i. e., clases maxistrais 70%, obradoiros + prácticas de laboratorio 25%) 0
 
Observacións avaliación

Os estudantes deberán obter un mínimo de 5.0 sobre 10 para superar esta asignatura. A compensación de nota entre todas as actividades que compoñen a cualificación global (sesións maxistrais, obradoiros e prácticas) farase só a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes.

As cualificacións das tres partes (sesións maxistrais e obradoiros + prácticas) consérvanse para as dúas oportunidades (Xaneiro e Xullo). No que respecta  a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

No caso de circunstancias excepcionais debidamente
xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades
educativas especiais, poderán tomarse medidas específicas de avaliación.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 20% das actividades avaliables programada.

Todas as intrucciones arriba mencionadas aplican tamén aos alumnos a tempo parcial.

Os alumnos de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia do curso 2020-21.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes