Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Paleobioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio. Estes cuestionarios supoñen un 7% da nota final 7
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 Tal e como se indica no Paso 5, a cualificación toma como base un sistema de avaliación continuada e, por tanto, NON É NECESARIA a presentación ao exame final para aqueles estudantes que superaron a avaliación continuada. Para o resto de estudantes realizarase un exame final das partes específicas que teñan suspensas (i. e., clases maxistrais 65%, obradoiros + prácticas de laboratorio 35%) 0
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os principais grupos de fósiles e/ou a súa identificación. Estes cuestionarios supoñen un 28% da nota final 28
Sesión maxistral A3 A29 B1 B2 A avaliación continua comprenderá a resolución de cuestionarios e a participación en clase. Os cuestionarios serán de resposta múltiple, verdadeiro/falso, recheo de espazos en branco ou preguntas curtas ou de ensaio sobre os temas tratados durante as clases. A cualificación dos cuestionarios supón un 65% da nota final 65
 
Observacións avaliación

A avaliación continua consiste en:

1) Exames sobre o contido das clases de teoría, que constitúen o 65% da nota final
2) Exames sobre o contido das prácticas de laboratorio e os obradoiros, que constitúen un 35% da nota final (exame(s) sobre Paleontoloxía Sistemática, 20% + exame de identificación de fósiles "de visu", 15%). A non asistencia ás prácticas de laboratorio e os obradoiros penalizarase como segue:

  •     1 falta inxustificada ás prácticas/obradoiros = 1 punto sobre 10 no exame de Paleontoloxía Sistemática
  •     2 faltas inxustificadas ás prácticas/obradoiros = 2,5 puntos sobre 10 no exame de Paleontoloxía Sistemática
  •     3 faltas inxustificadas ás prácticas/obradoiros supoñen o suspenso da materia (incluíndo as oportunidades de Xaneiro e Xullo)

3) Ademais dos exames, os estudantes deberán demostrar o seu coñecemento da escala cronoestratigráfica cun valor do 0% na cualificación final. Esta proba considérase, por tanto, chave para a superación da materia.

Para aprobar esta materia (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros = 100%) os estudantes deberán ter un mínimo de 5.0 sobre 10. No entanto, todas as actividades que compoñen a avaliación continua (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) pódense compensar a partir dunha nota mínima de 4.0 en cada unha das partes.

Os exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo) só son necesarios para os estudantes que non superasen a avaliación continua. Os estudantes que aprobasen calqueira das partes da avaliación continua  (clases maxistrais e prácticas de laboratorio + obradoiros) poderán manter esta nota en cada un dos exames finais (oportunidades de Xaneiro e Xullo), examinándose só das partes que suspendesen. Con todo, para cursos sucesivos, o proceso ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, referirase a un curso académico e, por tanto, volveríase a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso.
Baixo circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, como a de estudantes a tempo parcial ou con necesidades educativas especiais, poderanse tomar medidas específicas de avaliación.

Só se outorgará a cualificación de "non presentado", para aqueles estudantes que non participasen en máis dun 20% das actividades avaliables programadas durante o curso.

Todas as instrucións mencionadas arriba son tamén de aplicación aos estudantes a tempo parcial.

Os estudantes de cursos anteriores que se presenten á convocatoria adiantada de Decembro examinaranse segundo as instrucións contempladas na guía docente da materia de curso 2022/2023 (consultade a correspondente guía docente).

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes