Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Análise de datos en Bioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B2 B3 B4 B5 B6 B10 Aplicación de diversas técnicas estatísticas a casos prácticos. 40
Proba obxectiva A21 A26 A30 B2 B3 B4 B6 B10 Proba para avaliar os coñecementos acadados. 40
Proba de resposta breve A21 B2 B3 B6 Cuestionarios de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas 20
 
Observacións avaliación

A materia
divídese en dous bloques, 1-Modelos Lineais (temas 1 e 2) e 2-Análise
Multivariante. Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo
que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. Cada bloque
representa o 50% da nota final da que o 40% proven da proba obxectiva, o 20% da
proba de resposta breve e o 40% do traballo tutelado.

Os exames oficiais de cada unha das dúas oportunidades consistirán
na resolución dunha serie de cuestións tipo test ou de resposta breve sobre a
aplicación e interpretación dos métodos estudados na materia. Os traballos tutelados
consistirán na aplicación a algún caso práctico, proporcionado polos docentes,
dalgunhas das técnicas estatísticas estudadas. A cualificación obtida nos
traballos gardarase ó longo do presente curso académico. No suposto de non ter
presentado o (os) traballo(s) tutelado(s) na primeira oportunidade de xaneiro,
será requirido na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes a tempo parcial
e/ou con dispensa académica deberán tamén entregar este(s) traballo(s).

Para aprobar a asignatura é
necesario ter aprobada por separado cada un dos bloques dos que consta a
materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a
cualificación final será como máximo un 4.5. Para superar cada bloque é
preciso que a cualificación da proba final non sexa inferior a 3 puntos (sobre
10).

En calquera das dúas oportunidades anuais
figurará un NON PRESENTADO unicamente naqueles casos nos que o alumnado non
entregue os traballos nin se presente ó exame oficial.

Todas as observación
previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial e/ou con dispensa
académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes