Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Edafoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 A20 A21 A30 B8 B10 B12 Evaluación continua e valoración do caderno de laboratorio. 15
Saídas de campo A20 A23 A32 B3 B6 Valorarase particularmente o interese e a participación dos estudantes durante a saída ao campo. Terase en conta a presentación dun caderno ou de fichas con actividades de campo. 5
Sesión maxistral A6 A21 A22 A23 A24 A27 A28 A31 B2 B7 B8 B9 B11 Valorarase mediante probas tipo test e preguntas curtas sobre os contidos tratados nas clases maxistrais da materia.
Dous exames parciais e un exame final.
65
Solución de problemas A26 B1 B2 B3 B8 B11 Valórase positivamente a asistencia ás clases en grupo reducido, así como a entrega de boletíns/ actividades solicitadas polo profesorado. 15
 
Observacións avaliación

- O traballo do alumnado será avaliado de forma continua a través da asistencia ás actividades avaliables, a súa participación nos seminarios, a resolución das cuestións e problemas, prácticas de laboratorio e proba mixta.

- Para superar a materia é necesario obter unha nota mínima de 5 puntos (sobre 10) nos exames parciais ou no exame final.

- A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia. Os estudantes que non realicen TODAS as prácticas, sen un motivo debidamente xustificado, non poderán aprobar a materia, independentemente do peso destas na avaliación.

Primeira oportunidade: a cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e as restricións previamente establecidas, sendo necesario obter unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10).
O estudante obterá a cualificación de "Non Presentado" cando non realice nin as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

Segunda oportunidade: na segunda oportunidade realizarase a proba mixta cuxa cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as cualificacións das actividades (prácticas de laboratorio, seminarios e saídas ao campo) da primeira oportunidade.
A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e as restricións previamente establecidas, sendo necesario unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa totalidade na primeira oportunidade.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
- Estes estudantes deben realizar as prácticas de laboratorio e quedan exentos das demais actividades. A porcentaxe da cualificación derivada das actividades non realizadas será asimilada á cualificación da proba mixta tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Realización fraudulenta de probas
- No caso da realización fraudulenta dalgunha das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes