Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade inicial onde se lle explicará ao alumno en que consistirá o seu traballo de fin de grao. Orientaráselle na metodoloxía a empregar, e as fontes bibliográficas que debe manexar.
Investigación (Proxecto de investigación) Situación que require ao estudante identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Recensión bilbiográfica O alumno manexará a bibliografía específica máis relevante sobre o tema do seu traballo de fin de grao (proxecto, memoria ou estudo de casos) a cal deberá ler, analizar o seu contido e realizar unha crítica e valoración en relación á literatura existente e á súa propia experiencia na realización do traballo fin de grao.
Resumo Unha vez finalizado o traballo obxecto do Proxecto Fin de Grao o alumno presentará unha memoria escrita sobre devandito traballo seguindo as normativas vixentes sobre Traballo de Fin de Grao da UDC e da Facultade de Ciencias.
Presentación oral A exposición oral do Traballo Fin de Grao será un acto público e o alumno terá que defender o traballo durante un tempo máximo de 10 minutos seguido dunha quenda de preguntas dos membros do tribunal.
Traballos tutelados Enténdese que o Traballo de Fin de Grao é o conxunto de actividades realizadas finalmente polo alumno (traballo de campo ou laboratorio/deseño e redacción de proxecto/revisión crítica/etc), a revisión bibliográfica, a redacción dunha memoria e a presentación pública de devandito traballo), que serán un reflexo das competencias adquiridas ao longo da titulación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes