Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 Os membros do tribunal terán en conta a calidade da presentación, tanto da memoria escrita como oral, e a sua defensa, seguindo unha rúbrica de evaluación de competencias especialmente elaborada para o tribunal de fin de grao. 70
Resumo B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 O director ou directores avaliarán a calidade e os contidos da memoria escrita, así como as comptencias que se contemplan na rúbrica elaborada especialmente para cada tipo de traballo de fin de grao. 30
 
Observacións avaliación

NORMA SOBRE A PRESENTACIÓN DA MEMORIA ESCRITA

A memoria debe presentarse coa firma e conformidade do/s director/es

O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir estes requisitos básicos:

1. Máximo de 25 follas. Non estarán incluidas a portada, a folla de firmas dos directores do traballo, o resumo e o índice. 

2. Marxes non inferiores a 2 cm (superior, inferior e laterales)

3. Texto normal:letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Pes de figura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos

4. Interlineado sinxelo

5. Poderanse engadir anexos (gráficos/táboas/figuras de gran tamaño) si o alumno así o precisase

6. Recoméndase:

- Imprimir a doble cara

- Non empregar plásticos na encuadernación da memoria



NORMA SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL 

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo, sen
sobordar os 15 minutos, do que será debidamente informado polo tribunal. Neste
tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do
seu traballo.

2. O tempo máximo de preguntas por partede cada membro do tribunal para a realización de preguntas será de 5 minutos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes