Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 Os membros do tribunal terán en conta a calidade da presentación, tanto da memoria escrita como oral, e a súa defensa, seguindo unha rúbrica de avaliación de competencias especialmente elaborada para o tribunal de fin de grao. 70
Resumo B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 C1 C2 C8 O director ou directores avaliarán a calidade e os contidos da memoria escrita, así como as competencias que se contemplan na rúbrica elaborada especialmente para cada tipo de traballo de fin de grao. 30
 
Observacións avaliación

NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN DA MEMORIA ESCRITA

Aconséllase que a memoria se presente coa sinatura e conformidade do director/directores, se ben esta nunca substituirá á necesaria autorización telemática da defensa na Secretaría Virtual.

-O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir estes requisitos básicos:

1. Máximo de 25 páxinas. Non estarán incluídas a portada, a folla de firmas dos directores do traballo, o resumo e o índice. 

2. Marxes non inferiores a 2 cm (superior, inferior e laterais)

3. Texto normal: letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Pés de figura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos

4. Espazo interlineal sinxelo ou 1,5 liñas

5. Poderanse engadir anexos (gráficos/táboas/figuras de gran tamaño) se o alumno así o precisase

6. Recoméndase:

- Imprimir a doble cara

- Non empregar plásticos na encadernación da memoria

-Quedará a criterio do director o emprego de software de detección de
plaxiarismo
na memoria, se ben recoméndase a aplicación do programa Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderán
presentarse, se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional
da Universidade da Coruña (RUC)



NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL 

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de 10 minutos), do que será debidamente informado polo tribunal. Neste
tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do
seu traballo.

2. Trala exposición do estudante os membros do tribunal, por turnos, realizarán as observacións e preguntas que consideren acaídas, se ben recoméndase un tempo máximo de 5 minutos por membro do tribunal.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes