Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 Os membros do tribunal terán en conta a calidade da presentación, tanto da memoria escrita como oral, e a súa defensa, seguindo unha rúbrica de avaliación de competencias especialmente elaborada para o tribunal de fin de grao. 70
Resumo B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 C1 C2 C8 O director ou directores avaliarán a calidade e os contidos da memoria escrita, así como as competencias que se contemplan na rúbrica elaborada especialmente para cada tipo de traballo de fin de grao. 30
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

As instrucións relativas á entrega dos TFG figuran como
Anexo IV do Regulamento do TFG do Grao en Bioloxía.

A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é
competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o
tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta a
avaliación outorgada polo director do traballo. Os criterios do tribunal
faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final
establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada
un dos membros do tribunal.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudante
que obtivera unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o
criterio do tribunal avaliador.

No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de
suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas
para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia
deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos
TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC (artigo 31
da Normativa de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos
Estudos de Grao e Mestrado Universitario).

A matrícula dá dereito ao alumno a presentarse,
exclusivamente, ás dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de
conformidade co previsto na normativa académica da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria
anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova
adxudicación, sempre que exista acordo entre titor e estudante, e así o
solicite o estudante.

NORMAS DE ESTILO DA MEMORIA ESCRITA

A memoria deberá presentarse coa sinatura e conformidade do
director/directores, segundo se expresa no procedemento. Porén, esta nunca
substituirá á necesaria autorización telemática da defensa na Secretaría
Virtual.

O TFG deberá incluír, como mínimo, un resumo, as palabras
clave, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos,
unha revisión dos antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte
relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais (se os
houbese), os resultados obtidos, a súa discusión e/ou análise crítica e
razoada, as conclusións que se tiren do traballo (se as houbese), e unha
bibliografía. Asemade, cando menos o resumo inicial e as conclusións do TFG
deberán estar redactadas en inglés.

-O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir estes
requisitos básicos:

1. Máximo de 25 páxinas. Non estarán incluídas a portada, o
resumo e o índice

2. Marxes non inferiores a 2 cm (superior, inferior e
laterais)

3. Texto normal: letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Pés
de figura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos

4. Espazo interlineal entre sinxelo e 1,5 liñas

5. Poderanse engadir anexos (gráficos/táboas/figuras de gran
tamaño) se o alumno así o precisase

-Quedará a criterio do director o emprego de software de
detección de plaxiarismo na memoria, se ben recoméndase a aplicación do
programa Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderán
presentarse, se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional da
Universidade da Coruña (RUC).

NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun
tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de 10 minutos),
do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os
obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo.

2. Trala exposición do estudante os membros do tribunal, por
quendas, realizarán as observacións e preguntas que consideren acaídas, se ben
recoméndase un tempo máximo de 5 minutos por membro do tribunal. O tempo de
debate non excederá os 20 minutos no conxunto das intervencións.

3. A presentación do traballo poderá realizarse de xeito online se así o esixen as circunstancias sanitarias ou por causas debidamente xustificadas e aceptadas polo Decano/a da Facultade de Ciencias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes