Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 Os membros do tribunal terán en conta a calidade da presentación, tanto da memoria escrita como oral, e a súa defensa, seguindo unha rúbrica de avaliación de competencias especialmente elaborada para o tribunal de fin de grao. 70
Resumo B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 C1 C2 C8 O director ou directores avaliarán a calidade e os contidos da memoria escrita, así como as competencias que se contemplan na rúbrica elaborada especialmente para cada tipo de traballo de fin de grao. 30
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

Depósito da memoria

As instrucións relativas á entrega dos Traballos de Fin de Grao (TFG) figuran no Procedemento de oferta, adxudicación e defensa dos TFGs, publicado na páxina Web da Facultade de Ciencias, no apartado destinado aos Traballos de Fin de Grao.

Normas de estilo da memoria escrita

A memoriadeberá presentarse coa sinatura e conformidade polo menos de un/unha director/directora,segundo se expresa no procedemento. Porén, esta nunca substituirá á necesariaautorización telemática da defensa na Secretaría Virtual (Anexo II do procedemento), asinada tamén, polo menos, por un/unha dos directores/as. O TFG deberá incluír, como mínimo, un resumo, as palabras clave, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, unha revisión dos antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais (se os houbese), os resultados obtidos, a súa discusión e/ou análise crítica e razoada, as conclusións que se tiren do traballo (se as houbese), e unha bibliografía. O resumo inicial e as conclusións do TFG deberán estar redactados en galego, castelán e inglés.
.

-O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir estes requisitos básicos:

1. Portada: O modelo de portada obrigatoria pódese descargar da Páxina Web daFacultade de Ciencias (apartado de Traballos de Fin de Grao).

2. Extensión: Máximo de 25 páxinas. Non estarán incluídas a portada, o resumo e o índice

3. Marxes: Non serán nunca inferiores a 2 cm (superior, inferior e laterais)

4. Texto (tipografía): Texto normal: letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Texto dos pés defigura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos

5. Espazo interlineal: Entre sinxelo e 1,5 liñas

6. Anexos: Poderanse engadir anexos (gráficos/táboas/figuras de gran tamaño) se o estudanteasí o precisase.

-Quedará a criterio do director o emprego de software dedetección de plaxiarismo na memoria, se ben recoméndase a aplicación doprograma Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderánpresentarse, se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional da Universidade da Coruña (RUC).


Normas sobre a presentación oral

1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximode 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de 10 minutos), do que serádebidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os
obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo.

2. Trala exposición do estudante os membros do tribunal, por quendas,realizarán as observacións e preguntas que consideren acaídas, se ben recoméndaseun tempo máximo de 5 minutos por membro do tribunal. O tempo de
debate non excederá os 20 minutos no conxunto das intervencións. Anon resposta a ningunha das preguntas dos membros do tribunal será motivo suficientepara non acadar a cualificación final de aprobado.

3. A presentación do traballo poderá realizarse de xeito online seasí o esixen as circunstancias sanitarias ou por causas debidamentexustificadas e aceptadas polo Decano/a da Facultade de Ciencias.


Consideracións sobre a avaliación

A cualificación final do TFG é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Para estabelecer a cualificación final, estimarase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal, e terase en conta a ponderación coa cualificación do director/a/es.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudante que obtivera unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copiadeste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC (artigo 31 da Normativa de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dosEstudos de Grao e Mestrado Universitario).

A matrícula dá dereito ao alumno a presentarse, exclusivamente, ás dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordo entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes