Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Prácticas externas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A empresa ou institución nomeará un titor, que elaborará un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
Resumo B3 C1 C6 C7 Para acadar recoñecemento académico, e sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas anteriormente, o alumno deberá remitir ao Decanato da Facultade un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo co modelo descrito no apartado de Metodoloxías desta guía docente.
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o informe do titor da empresa/institución e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta.
50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas. 

Unicamente aqueles estudantes que completen ó período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior ó 4,5. Os alumnos que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas e sempre inferior ó 4,5. No caso de non poder rematar o período de traballo por causa de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a Decano/a da Facultade de Ciencias, que poderá suspender o efecto desta norma de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes