Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Fundamentos de Matemáticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B4 B7 Proba que inclúe a resolución de cuestións e problemas da materia 60
Solución de problemas A3 A7 B6 B7 C3 Resolución de problemas de carácter práctico. 20
Prácticas a través de TIC B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C7 C8 C9 Resolución de problemas de carácter práctico empregando o lenguaxe de programación Python 20
 
Observacións avaliación

A cualificación final da asignatura consta de tres partes:

  • Cualificación de prácticas a través de TIC (CP): entre 0 e 2 puntos
  • Cualificación de resolución de problemas (CR): entre 0 e 2 puntos

  • Cualificación da proba obxectiva (CE):

              1.-Se CP+CR é maior ou igual que 2 puntos, a cualificación da proba obxectiva (CE) será CE=10-(CP+CR)
              2.-Se CP+CR é menor que 2 puntos, a cualificación da proba obxectiva (CE) será CE=8-(CP+CR)

A cualificación final será a suma das tres partes CP + CR + CE, sempre que a cualificación da proba obxectiva sexa maior que 2 (sobre 10 puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba obxectiva, CE.

As cualificacións de prácticas a través de TIC (CR) e de resolución de problemas (CP) conservaranse na segunda oportunidade da avaliación.

Nas actas considerarase como "Non presentado" ao alumnado que non se presente á proba mixta final.

Observacións sobre o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:  As medidas de atención persoalizada específicas para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para o estudo da materia, a avaliación continua das prácticas a través de TIC e da resolución de problemas realizarase mediante probas parciais online.

Durante a realización das probas de avaliación, en
calquera de ambas oportunidades, agás que se
indique o contrario
, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con
acceso a Internet
. Se durante a realización da proba práctica, hai indicios do
uso non autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e
procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia
universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. 





A realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso
("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando
calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte
oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase
fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas
presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a
Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento
disciplinar do estudantado da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes