Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Mecánica e Ondas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Mecánica e Ondas Código 610G04002
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
luisa.segade@udc.es
Profesorado
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
luisa.segade@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo fundamental da materia é a adquisición de conceptos básicos de mecánica clásica e ondas, que faciliten a comprensión das materias de Física ou outras disciplinas que forman parte do plan de estudos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Seminario - Traballo tutelado - Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: semanalmente. Utilizarase principalmente como soporte de materiais dixitalizados, para efectuar as entregas dos traballos tutelados, para a realización da proba e como medio de comunicación. – Teams: semanalmente. En horario de titorías, preferentemente, para facer un seguimento e apoio na realización do traballo do estudante. 4. Modificacións na avaliación Non se contempla ningunha modificación, salvo a realización das probas mixtas (50%) de forma telemática. *Observacións de avaliación: Ningunha. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Poñerase ao dispor dos estudantes materiais dixitalizados na plataforma Moodle que palíen a non presencialidad e a imposibilidade de acceder á biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes