Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Mecánica e Ondas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C4 C7 C8 C9 Propoñerase a realización de dous traballos tutelados. Un elaborarase de forma individual e o outro en grupo. Cada traballo terá un peso na cualificación dun 30%. 60
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 Realizaranse dúas probas parciais, achegando cada unha delas un peso na cualificación dun 20%. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia os estudantes terán que alcanzar un mínimo de 5 puntos e, ademais, terán que obter unha puntuación mínima de 0,7 puntos sobre 2 en cada proba parcial. Os criterios de avaliación serán os mesmos en todas as oportunidades.

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado.



CUALIFICACIÓN ao final do proceso de avaliación:



  1. Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5 puntos, aprobarían a materia.
  2. Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das probas parciais (0,7 puntos), esta non computará na cualificación final e ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.

A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes