Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Mecánica e Ondas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C7 C8 C9 Propoñerase a realización de dous traballos tutelados. Un elaborarase de forma individual e o outro en grupo. Cada traballo terá un peso na cualificación dun 25%. 50
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 Realizaráse unha proba parcial que pode liberar materia para a proba final.
O exame final computa ata o 50 % da nota total.
50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia os estudantes terán que alcanzar un mínimo de 5,0 puntos e, ademais, terán que obter unha puntuación mínima de 1,0 punto sobre 2,5 en cada unha das dúas partes do exame final. Os criterios de avaliación serán os mesmos en todas as oportunidades.

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado.



CUALIFICACIÓN AO FINAL DO PROCESO DE AVALIACIÓN



  1. Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5,0 puntos, aprobarán a materia.
  2. Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das partes do exame final (1,0 punto), esta non computará na cualificación final e ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.

A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes