Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Mecánica e Ondas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C7 C8 C9 Propoñerase a realización de dous traballos tutelados. Un elaborarase de forma individual e o outro en grupo. Cada traballo terá un peso na cualificación dun 20%. 40
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 Realizarase unha proba parcial (PARCIAL 1) que podería liberar materia da proba final (tanto da primeira como da segunda oportunidade) en caso de alcanzar a puntuación mínima esixida.
O exame final, composto polo PARCIAL 1 e o PARCIAL 2, computa ata un 60% da nota final.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Aproximadamente a metade de cuadrimestre, realizarase unha proba parcial
(PARCIAL 1) que podería liberar materia do exame final no caso de que o
estudante alcance unha puntuación mínima de 1,2 puntos sobre 3,0.

Durante o período de docencia, propoñerase a realización de dous
traballos tutelados. Un elaborarase de forma individual e o outro en
grupo. Cada traballo terá un peso na cualificación dun máximo de 2,0
puntos sobre 10. Non se requirirá puntuación mínima para ningún dos dous
traballos.

Coincidindo coa data oficial de avaliación da primeira oportunidade,
realizarase un exame final que constará de dous partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2).

Para aprobar a materia, os estudantes haberán de alcanzar un mínimo de
5,0 puntos tras sumar todas as cualificacións das actividades de
avaliación e, ademais, haberán de obter unha puntuación mínima de 1,2
puntos sobre 3,0 en cada un dos dous parciais de que consta o exame
final.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Realizarase un exame final que constará de dous partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2).

Aqueles alumnos que na primeira oportunidade alcanzasen nalgún dos dous
exames parciais un mínimo de 1,2 puntos sobre 3,0 terán a opción de non
repetilo na segunda oportunidade e, por tanto, conservar a cualificación
anteriormente obtida.

Para aprobar a materia os estudantes haberán de alcanzar un mínimo de
5,0 puntos tras sumar todas as cualificacións das actividades de
avaliación (traballos e parciais) e, ademais, haberán de obter unha
puntuación mínima de 1,2 puntos sobre 3,0 en cada un dos dous parciais.

TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado.

FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.



CUALIFICACIÓN AO FINAL DO PROCESO DE AVALIACIÓN



  1. Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5,0 puntos, aprobarán a materia.
  2. Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das partes do exame final (1,2 puntos), esta non computará na cualificación final e ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.

A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes