Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Bioloxía Celular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A6 A7 A8 B3 B4 C7 Tras finalizar o período de Prácticas de Laboratorio, os alumnos terán que entregar unha memoria das actividades realizadas coa resolución de cuestións relacionadas coas mesmas. Para a avaliación das prácticas teranse en conta algunhas das prácticas realizadas así como certas cuestións seleccionadas do cuestionario asociado ás prácticas. 20
Proba mixta A3 B3 B4 B8 C8 Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos e liberatorios ao longo do semestre. Cada un deles supoñerá o 30% da cualificación final da materia. Tamén se realizará un exame final teórico para aqueles alumnos que non superasen devanditos parciais ou que non se presentaron aos mesmos. Neste caso, o exame final supoñerá o 60% da cualificación final da materia. Os exames teóricos consistirán en preguntas tipo test (de resposta múltiple) e/ou de resposta curta sobre os contidos das clases maxistrais e sesións en grupo reducido. 60
Proba obxectiva A3 B3 B4 B6 B8 C8 Realizaranse 2 probas escritas ao longo do cuadrimestre. Ditas probas consistirán nunha combinación de distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, tipo ensaio, de identificación de esquemas/imaxes, de completar e/ou de asociación. 10
Seminario B4 B8 C7 Ao finalizar cada unha das dúas sesións de seminario, o alumno deberá entregar copia por escrito do resumen/esquema/glosario de termos sobre o tema do temario designado con antelación polo profesor. Así mesmo farase unha posta en común dirixida polo profesor do que os alumnos extraeron do seu traballo previo sobre o devandito tema. Tanto a entrega do resumen/esquema/glosario como a participación activa computan para a cualificación final da materia; cada sesión supoñerá o 5% da mesma. 10
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS
XERAIS



A asistencia ás
prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder
realizar o exame final da materia.



Os alumnos
dispoñerán de dúas oportunidades oficiais para superar a materia. Así mesmo,
realizaranse 2 exames parciais teóricos liberatorios ao longo do cuadrimestre.



A cualificación de
Non Presentado aplicarase no caso de que o alumno non se presentase ás probas
correspondentes nas oportunidades oficiais de avaliación ou non realizase as
prácticas de laboratorio.



ASPECTOS E
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.  ALUMNADO CON DEDICACIÓN COMPLETA



Na oportunidade de
final do cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da cualificación final,
os distintos apartados recolleitos no sistema de avaliación, debéndose
superar cada un destes para proceder ao cálculo da cualificación final.



Realizaranse dous
exames parciais teóricos escritos e liberatorios (cada un computa o 30% da cualificación final), así como
un exame final para aqueles alumnos que non superasen devanditos parciais ou
que non se presentaron aos mesmos, representando o 60% da cualificación final.



Tanto a realización
das probas obxectivas como as sesións de seminario supoñerán, cada unha delas, o 10% da cualificación
final.



 A realización e entrega por escrito da memoria
de prácticas supoñerá o 20% da
cualificación final da materia.



Na segunda
oportunidade poderanse recuperar as partes non superadas teórica e/ou práctica,
supoñendo estas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente. 

2.
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA
DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda
oportunidade, teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación
obtida no exame teórico e a correspondente á parte práctica (realización e
entrega por escrito da memoria de prácticas), representando éstas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes