Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Bioloxía Celular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A6 A7 A8 B3 B4 C7 Tras finalizar o período de Prácticas de Laboratorio, os alumnos terán que entregar unha memoria/informe das actividades realizadas coa resolución de cuestións relacionadas coas mesmas. Para a avaliación das prácticas teranse en conta algunhas das prácticas realizadas así como certas cuestións seleccionadas do cuestionario asociado ás prácticas.
A cualificación desta memoria/informe supón o 20% da cualificación final da materia.
20
Proba mixta A3 B3 B4 B8 C8 Realizaranse dous exames parciais teóricos escritos e liberatorios ao longo do semestre. Cada un deles supoñerá o 30% da cualificación final da materia. Tamén se realizará un exame final teórico para aqueles alumnos que non superasen devanditos parciais ou que non se presentaron aos mesmos. Neste caso, o exame final supoñerá o 60% da cualificación final da materia. Os exames teóricos consistirán en preguntas tipo test (de resposta múltiple) e/ou de resposta curta sobre os contidos das clases maxistrais e sesións en grupo reducido. 60
Proba obxectiva A3 B3 B4 B6 B8 C8 Realizaranse 2 probas escritas ao longo do cuadrimestre. Ditas probas consistirán nunha combinación de distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de tipo test, de resposta breve, tipo ensaio, de identificación de esquemas/imaxes, de completar e/ou de asociación. 10
Seminario B4 B8 C7 Ao finalizar cada unha das dúas sesións de seminario, o alumno deberá entregar un resumo/esquema/glosario de termos sobre o tema do temario designado con antelación polo profesor. Así mesmo farase unha posta en común dirixida polo profesor do que os alumnos extraeron do seu traballo previo sobre o devandito tema. Tanto a entrega do resumen/esquema/glosario como a participación activa computan para a cualificación final da materia; cada sesión supoñerá o 5% da mesma. 10
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS
XERAIS



A asistencia ás
prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder
realizar o exame final da materia. 

A non asistencia a máis do 25% das prácticas de laboratorio SEN xustificar, considerarase Non Presentado.

Os alumnos
dispoñerán de dúas oportunidades oficiais para superar a materia. Así mesmo,
realizaranse 2 exames parciais teóricos liberatorios ao longo do cuadrimestre. 



A cualificación de
Non Presentado aplicarase no caso de que o alumno non se presentase ás probas
correspondentes nas oportunidades oficiais de avaliación ou non realizase as
prácticas de laboratorio.



ASPECTOS E
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1.  ALUMNADO CON DEDICACIÓN COMPLETA



Na oportunidade de
final do cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da cualificación final,
os distintos apartados recollidos no sistema de avaliación, debéndose
superar cada un destes para proceder ao cálculo da cualificación final.



Realizaranse dous
exames parciais teóricos escritos e liberatorios (cada un computa o 30% da cualificación final), así como
un exame final para aqueles alumnos que non superasen devanditos parciais ou
que non se presentaron aos mesmos, representando o 60% da cualificación final.

A realización e entrega por escrito da memoria/informe das Prácticas de Laboratorio suporá o 20% da calificación global.



Tanto a realización
das probas obxectivas como as sesións de seminario supoñerán, cada unha delas, o 10% da cualificación
final.



Na segunda
oportunidade poderanse recuperar as partes non superadas teórica (no seu conxunto) e/ou práctica,
supoñendo estas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente. 

2.
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA
DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda
oportunidade, teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a calificación
obtida no exame teórico e a correspondente á obtida no exame da parte práctica, representando éstas o 80% e o 20% da cualificación final, respectivamente.

NOTAS: 

Para que se teñan en conta as cualificacións nas diferentes actividades suxeitas a avaliación é preciso superar (alcanzar o 50% da cualificación) cada un das apartados/probas que integran devandito sistema de avaliación. De non alcanzarse dita puntuación nalgunha delas e aínda que a media dos distintos apartados/probas sexa igual ou superior a 5 (sobre 10) a materia figurará como suspensa e a cualificación de 4,9.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes