Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Laboratorio Básico Integrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A7 B7 B9 O caderno de laboratorio é o elemento principal na avaliación da materia, tendo en conta o seu carácter eminentemente práctico. O caderno recolle tanto o traballo realizado polo/a alumno/a no laboratorio, coma a súa capacidade de transmitir as súas observacións, analizar os resultados e obter conclusións baseadas nos datos.
O prazo de entrega do caderno de cada módulo, para a súa avaliación polo profesorado correspondente, será unha semana despois de rematar as prácticas do módulo.
70
Proba obxectiva A2 B3 B10 B12 C9 A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test ou de preguntas cortas, de cada un dos módulos. A finalidade desta proba é comprobar a asimilación dos coñecementos adquiridos no laboratorio.
A proba terá lugar na data marcada no calendario de exames oficiais da Facultade.
30
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións de
prácticas programadas é obrigatoria. Máis dunha falta sen xustificar implicará
a non superación da materia. As faltas deberán xustificarse sempre e, se é
posible, recuperarse noutro grupo. 
A cualificación global será
a media das cualificacións de cada un dos 3 módulos. Para superar a materia é
preciso acadar un mínimo de 5/10 en todos e cada un dos módulos. 

De non aprobar algún/s dos
módulos, o/a alumno/a terá que recurrir á segunda oportunidade, na que se
manterá a cualificación dos módulos aprobados. 
O alumnado que vaia á segunda
oportunidade terá que corrixir o/s caderno/s de laboratorio correspondente/s, e
entregalos para unha nova avaliación nun prazo de 30 días a partir da
publicación das notas definitivas da primeira oportunidade
. A cualificación
desta revisión xunto coa cualificación do exame de xullo será a nota da 2ª
oportunidade, manténdose as porcentaxes de 70% caderno e 30% exame igual que na
primeira oportunidade.  

 "Durante a realización da proba práctica, en calquera de
ambas oportunidades, agás
que se indique o contrario
, está prohibido o uso de cualquera
dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba práctica,
hai indicios do uso non autorizado deses dispositivos, a/o estudante será
expulsado da aula, e procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de
convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.



A realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso
("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando
calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte
oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase
fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas
presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a
Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento
disciplinar do estudantado da UDC."

ALUMNADO MATRICULADO CON DISPENSA ACADÉMICA O MATRICULA A TEMPO PARCIAL: Todo o alumnado matriculado ten que realizar
as prácticas obrigatoriamente. Porén, para facilitar a súa realización ao
alumnado con dispensa ou matrícula parcial, poderán facelas no turno ou turnos
que máis lles conveña, dentro do calendario oficial. No caso de falta non
xustificada, aplicaranse os mesmos criterios que se describiron para o alumnado
de matrícula ordinaria.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes