Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química: Enlace e Estrutura
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Química: Enlace e Estrutura Código 610G04005
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Profesorado
Platas Iglesias, Carlos
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
carlos.platas.iglesias@udc.es
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo docente desta materia é a de proporcionar ao alumnado as competencias e os coñecementos a un nivel básico sobre conceptos, principios e teorías que describen a estrutura do átomo e da materia, o coñecemento dos diferentes modelos de enlace químico, das forzas intermoleculares e dos estados de agregación da materia. Todos estes aspectos son fundamentais para posteriormente poden afondan noutros aspectos máis avanzados como son as propiedades dos materiais e para poder manipular e deseñar entidades químicas e comprender as súas reaccións e interaccións. Polo tanto, os contidos desta materia aportan coñecementos de base que son fundamentais para poder cursar outras materias do grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía. Así mesmo os coñecementos e competencias desta materia son complementados polas materias Química: Equilibrio e Cambio e Laboratorio Básico integrado do primeiro curso do grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía. Estas tres materiais constitúen a formación básica do alumnado en Química.
Plan de continxencia i) Plan de continxencia no caso de docencia non presencial por mor de gromos. 1. Modificacións nos contidos En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. Pero no caso de ser necesario e por mor de causas de forza maior poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, pero en calquera caso cubrirá todos aqueles aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse na “Modalidade on-line” e dicir empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a Institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as clases en tempo real, empregaranse medios asincrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titorías máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxectivas serán probas on line que se realizaran mediante Moodle ou ferramentas equivalentes e facendo un seguimento das mesmas por Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia non presencial sen dificultade avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial. O alumnado que non poda seguir as actividades on line sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía ii) Adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia. A materia disporá de dúas ou máis aulas e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula co docente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes