Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Cristalografía e Simetría
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado. Trátase de sesión interativas, nas que se pretende que o alumnado participe formulando preguntas e requerindo a clarificación de ideas ou conceptos.
Prácticas de laboratorio Preparación e estudo de compostos cristalinos. Interpretación dos resultados obtidos usando programas informáticos. Utilización de modelos morfolóxicos e estructurais dos cristais. Introducción á caracterización mediante difracción de Raios-X. O alumnado elaborará un caderno de laboratorio no que describirá o traballo realizado no laboratorio e a análise dos resultados, así como as principais conclusións.
Obradoiro Estas sesións estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións por parte do alumnado, coa orientación do profesorado. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo de acordo cos contidos tratados nas sesións maxistrais. O traballo realizarase individualmente ou en grupos baixo a dirección do profesorado
Proba obxectiva Probas eliminatorias dos contidos da materia consistentes en preguntas de desenvolvemento e tamén de tipo test, así como exercicios de problemas que serán semellantes aos analizados ao longo do curso. O seu obxectivo é obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias atinxidos polo alumnado, así como avaliar a capacidade do alumnado para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes