Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Cristalografía e Simetría
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Prácticas de laboratorio
Seminario
Obradoiro
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudantado, quen se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que obteña o mellor rendemento do seu esforzo, e co fin de guialo neste proceso, é de extrema importancia acadar unha interacción estreita e constante alumnado-profesorado. A través de tal interacción, e das diferentes actividades de avaliación, o profesorado poderá determinar ata que punto o alumnado está a acadar os obxectivos propostos en cada unidade temática e orientalo a este respecto. Esta orientación levarase a cabo a través de entrevistas individuais que se celebrarán nas horas de titoría do profesorado e/ou nos horarios máis convenientes para o alumnado. Obviamente, a parte destas titorías propostas polo profesorado, o alumnado poderá acudir a titorías a petición propia cantas veces desexe e nos horarios que lle resulten máis convenientes para ambos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes