Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Cristalografía e Simetría
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química: Enlace e Estrutura/610G04005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Cristalografía Avanzada/610G04042
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2/610G04030
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025
Estado Sólido/610G04022
Espectroscopía/610G04017

Observacións

A materia require ter cursado con aproveitamento a materia "Enlace e Estrutura" (610G04005).

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b) De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado

- Evitaranse borradores

Recoméndase a asistencia e participación nas clases teóricas. Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordeadamente un traballo, así como a aplicación a un nivel de usuario de ferramentas informáticas (uso de Internet, procesador de textos, presentacións, etc.).

Incorporación da perspectiva de xénero

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes