Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Electricidade e Magnetismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C4 C7 C8 C9 Proporase a realización de dous traballos tutelados. Un elaborarase de forma individual e o outro en grupo. Cada traballo terá un peso na cualificación dun 15%. 30
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 B8 B9 B11 C1 C4 C9 Realizaránse dús probas parciais, aportando cada unha delas un peso na calificación dun 35%. 70
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia os estudantes han de alcanzar un mínimo de 5 puntos e, ademais, han de obter unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 en cada proba parcial. Os criterios de avaliación serán os mesmos en todas as oportunidades. O aprobado de cada un dos parciais consérvase para o final, tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.

"Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba práctica, hai indicios do uso non autorizado deses dispositivos, a/o estudante será expulsado da aula, e procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

A realización fraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC."

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado, adaptando as actividades solicitadas á súa circunstancia.

CUALIFICACIÓN ao final do proceso de avaliación: 

1.Si cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5 puntos, aproban a materia.

2. Si non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das probas parciais (4,5/10 puntos), obtendran unha cualificación de acordo a nota do exame.

A cualificación de "Non Presentado" figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes