Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química: Equilibrio e Cambio
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Química: Equilibrio e Cambio Código 610G04008
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Carlosena Zubieta, Alatzne
Correo electrónico
alatzne.carlosena@udc.es
Profesorado
Carlosena Zubieta, Alatzne
Martinez Cebeira, Montserrat
Correo electrónico
alatzne.carlosena@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia "Química: Equilibrio e Cambio", do primeiro curso da titulación de Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía estúdanse os fundamentos da termoquímica, os aspectos máis relevantes dos equilibrios químicos en disolución e superficie, as bases da cinética química, etc. Preparando ao alumnado para o estudo dos fenómenos de equilibrio e da reactividade química.
Plan de continxencia (i) ADAPTACIÓN A REALIZAR NO CASO DE NON PRESENCIALIDADE sobrevinda causada por brotes de enfermidade. 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteñense todas as metodoloxías e se a situación sanitaria o require, se adaptarán ao modo non presencial a través de Teams. No caso de que parte do alumnado non poida conectarse e seguir as clases en tempo real, se utilizarán medios asíncronos (correo electrónico, grabacións das sesións expositivas, tutoriais máis personalizados ...). As probas obxetivas tamén adaptaranse á modalidade telemática usando Moodle e Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican Non hai modificacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: O seguimento realizarase durante as sesións por Teams durante as cales se manterá unha interacción similar á das sesións presenciais. Correo electrónico: os alumnos poderán solicitar titorías de apoio ou para resolver dúbidas. Se non é posible resolvelas por ese medio concertarase unha titoría por Teams. Moodle: utilizarase tanto o foro como o sistema de correo e mensaxería corporativo. 4. Modificacións na avaliación Non se realizan cambios. *Observacións de avaliación: O sistema de avaliación manterase sen modificación pero as actividades, incluída a proba mixta, realizarase de maneira telemática (en liña). O alumnado que non poida seguir actividades sincrónicas en liña será avaliado por actividades equivalentes realizadas de forma asíncrona. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. (ii) ADAPTACIÓN PREVISTA NO CENTRO PARA OS CASOS NOS QUE SE SUPERE O AFORO DA AULA asignada para a materia: reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poderán seguir as actividades a través da plataforma Teams. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptalos á capacidade do laboratorio.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes