Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química: Equilibrio e Cambio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado desenvolverá os contidos fundamentais de cada un dos temas mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Para o seu mellor aproveitamento, os/as estudantes dispoñerán con antelación dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal na web da materia (Moodle). Potenciarase a participación dos/das estudantes. Impartirase en grupo grande.
Seminario Sesións dedicadas á análise e resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumnado e do/da profesor@. Impartirase en grupo pequeno. Os boletíns a resolver atoparanse na web da materia (Moodle) con anterioridade para que os estudantes traballen previamente ao seminario.
Periódicamente realizaránse probas curtas nas que o/a estudante responderá ou resolverá algún exercicio curto dun xeito razoado que permita avaliar o seu grado de comprensión dos aspectos mais salientables da materia.
Prácticas de laboratorio Nas sesións de laboratorio (en grupo pequeno) o/a estudante desenvolverá exemplos experimentais dos contidos teóricos expostos na aula. Será fundamental a realización dos prelaboratorios antes de realizar a práctica correspondente (senón o/a estudante non poderá realizar a devandita práctica), así como levar ao día a libreta de laboratorio, de acordo coas indicacións do profesorado. Realizaranse unha ou varias probas curtas para avaliar o grado de racionalización dos contidos teóricos cos experimentales. Impartirase unha sesión inicial (grupo pequeno) para expor ao alumnado os contidos e dinámica das prácticas.
Proba mixta O/a estudante deberá realizar unha proba mixta do conxunto da materia que permita avaliar o grao de adquisición de coñecementos e competencias polo alumnado. Nela incluiranse cuestións e problemas sobre os contidos de toda a materia que deberán resolver dun xeito razoado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes