Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Fundamentos de Informática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 B2 B6 B7 C3 C8 As horas de seminarios contarán con mecanismos de avaliación dos progresos do alumno. Esta avaliación reflictirase no 10% da nota final. 10
Prácticas a través de TIC A7 B2 B6 B7 C3 C7 C8 C9 Ó longo do curso realizaránse prácticas, por valor acumulado máximo do 40% da nota final. 40
Proba mixta A7 B2 B3 B4 B6 B7 B11 C3 C6 C9 O exame final constará de cuestións teóricas, e de varios exercicios de posta en práctica das competencias adquiridas.
O devandito Exame Final terá un valor máximo do 50% da nota final.
50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba mixta, seminarios e prácticas. Ademáis, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 puntos na proba mixta. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba mixta. 

A asistencia ás clases de prácticas e seminarios é obrigatoria para aprobar a materia.

Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a entrega de algunha práctica ou se presenta a algún seminario evaluable ou se se presenta á proba mixta.

O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo á normativa académica, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO (0) na convocatoria correspondente, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, invalidando calquera outra calificación obtida nas actividades evaluables.


Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. 
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. 

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas e seminarios. Os alumnos que se presenten a esta segunda oportunidade deberán realizar a proba mixta. Opcionalmente, e só no caso de non ter presentado as prácticas na primeira oportunidade ou que tivesen acadado a calificación de SUSPENSO, poderán presentarse novamente as prácticas na segunda oportunidade.

No caso de suspender la asignatura, as prácticas con nota igual ou superior a 5 poderanse gardar para cursos posteriores con calificación de aprobado (5) se o/a alumno/a así o desexa. Para cada traballo, o/a estudante terá a opción de entregar unha nova práctica que sustituiría a nota da anterior. As prácticas non se gardarán máis de un ano. A nota de seminarios non se gardará para cursos posteriores, debendo o alumno realizar as actividades correspondentes a este apartado novamente.

Matrícula con dispensa académica
No caso dos alumnos con matrícula con dispensa académica elimínase a obligatoriedade de asistencia ás clases de prácticas e seminarios. As prácticas deberán entregarse nas datas establecidas. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecemento do/a profesor/a a súa circunstancia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes