Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química dos Elementos
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Titorías programadas polo profesor previamente ás sesións de prácticas de laboratorio. Nestas titorías o estudante exporá as dúbidas correspondentes á preparación das prácticas. Nunha segunda titoría obrigatoria deberá demostrar a correcta realización do traballo previo (ver metodoloxía de prácticas de laboratorio) á vez que se resolven pequenas dúbidas. En todo caso, e dado que o contido das prácticas de laboratorio está estritamente relacionado coa parte teórica, estás titorías son de utilidade para o global da materia.
Aqueles estudantes que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica para a atención titorial que se concretará nos seguintes aspectos:
A petición do alumnado proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
A petición do alumnado e nun horario da súa conveniencia, proporáselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos das competencias da materia. O alumnado resolverá devanditos boletíns de forma individual e, de novo, acudirá a titoría para resolución de dúbidas e corrección dos mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes