Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química dos Elementos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 B8 B9 C1 A capacidade e rigor da preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica avalíanse mediante unha entrevista persoal e previamente á realización traballo no laboratorio. Tamén se avalía o traballo de laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu uso, habilidade manual e, especialmente, a capacidade de comprender os procesos realizados á luz da preparación. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de laboratorio, que constará de tres partes: resumo, extraído da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario do laboratorio) e un comentario final sobre o resultados.obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. 15
Solución de problemas A2 A3 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C3 Avaliaráse a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade para
razoamento e argumentación fronte aos diferentes aspectos tratados.
Queda aberta a posibilidade de realizar periódicamente probas curtas que consistirán principalmente en preguntas moi curtas e / ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos específicos, cuxos resultados constituirán outra fonte de avaliación. A avaliación de casos prácticos tamén pode contribuír á cualificación.
Esta sección avalíase xunto coa sesión maxistral.
25
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B6 B8 B9 C1 C2 C3 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e argumentación fronte aos diferentes aspectos comentados. Queda aberta a posibilidade de realizar periódicamente probas curtas que consistirán principalmente en preguntas moi curtas e / ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos específicos, cuxos resultados constituirán outra fonte de avaliación. A avaliación de casos prácticos tamén pode contribuír á cualificación. Esta sección avalíase xunto coa sección de resolución de problemas. 0
Proba mixta A1 A2 A3 A7 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 A proba escrita realizarase no momento aprobado pola Xunta de Facultade.
Consistirá nunha serie de preguntas e problemas relacionados co programa da materia.
60
 
Observacións avaliación

Osalumnos serán avaliados mediante o seguinte sistema de cualificación:

-C1: Cualificación da proba mixta: para aprobar a materia, o alumno deberá deobter un mínimo do 45% da nota máxima neste apartado.

-C2: Cualificación das prácticas de laboratorio: para aprobar a materia, oalumno deberá de obter un mínimo do 45% da nota máxima neste apartado.

-C3: Cualificación das sesións presenciais, nas clases de solución de problemase probas curtas.

-C4: Cualificación da evolución global da progresión do alumno.

Oalumno aprobará a materia se consegue un mínimo de 5 puntos na seguinte suma:0,6(C1) + 0,25(C2) + 0,15(C3).

Acualificación da evolución global da progresión do alumno (C4) levarase a cabounha vez efectuadas as restantes cualificacións (C1, C2 e C3), e soamente paraaqueles alumnos que aprobasen a materia. No caso de que algún alumno supere, nasuma total de todas as cualificacións, os dez puntos, asignaráselle a nota de10,0 puntos.

Aparticipación nas actividades extraordinarias recomendadas contribuirá á alzana nota final.

Sia cualificación final é maior de 5 puntos pero non acada o 45% da nota nos dousprimeiros apartados (C1 e C2) a nota que figurará na acta será de 4,5 (suspenso).

Sio alumno asiste ás prácticas de laboratorio non poderá obter a cualificación de"Non Presentado".

Acualificación obtida na "primeira oportunidade" (convocatoria defebreiro), en caso de ser positiva (igual ou maior que 5), é definitiva.

Obaremo de cualificación da "segunda oportunidade" será o segunte: 0,85(C1)+ 0,15(C2).

Seo alumno non acadase o 45% da nota máxima no apartado de prácticas delaboratorio na primeira oportunidade, non poderá superar a materia na segundaoportunidade.

Osalumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderánoptar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordocoa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeiraoportunidade".

Aquelesalumnos que se acollan ao “recoñecemento de dedicación a tempo parcial edispensa académica de exención de asistencia” de acordo coa normativa da UDC,só deberán asistir de maneira obrigatoria ás clases prácticas de laboratorio. Acualificación final para os devanditos alumnos constará de dous partes: acualificación obtida nas prácticas de laboratorio, que contribuirá nun 15% á notafinal e a proba mixta, que computará polo 85% restante. Estas porcentaxes decualificación aplicaranse ás dúas oportunidades. A cualificación de “nonpresentado” outorgarase a aqueles alumnos acollidos ao mencionado réxime deexención a condición de que non se presenten á proba mixta.

Agás quese indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo conacceso a Internet. Se durante a realización das probas , hai indicios douso non autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, eprocederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivenciauniversitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

A realizaciónfraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamentea cualificación de suspenso ("0") na materia naconvocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida entódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro domesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización das actividades,propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan dende fora daaula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivenciauniversitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC."

Todoo proceso de ensino-aprendizaxe descrita na presente guía, incluída aavaliación, refírese única e exclusivamente ao presente curso académico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes