Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Reactividade Orgánica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Reactividade Orgánica Código 610G04012
Titulación
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Fernández Trillo, Francisco
Correo electrónico
f.ftrillo@udc.es
Profesorado
Fernández Trillo, Francisco
Correo electrónico
f.ftrillo@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Mantéñense todas as metodoloxías e adáptanse a un modo non presencial e desenvólvense na aula virtual Moodle e Teams. Metodoloxías docentes que se modifican: -Sesións maxistrais: Terán lugar a través da plataforma Teams e serán gravadas e aloxadas en Stream. A ligazón estará dispoñible en Moodle. De superarse o aforamento da aula asignada para a materia habilitarase outra aula para que o alumnado poida seguir a impartición da clase por Teams -Seminarios: os alumnos deben entregar as tarefas a través da plataforma Moodle. Ademais, pódese solicitar a presentación das tarefas mediante a plataforma Teams ou mediante explicacións orais (non é posible utilizar vídeos). -Prácticas de laboratorio: realizaranse en sesións virtuais a través de Teams. -Proba mixta: Os alumnos deberán resolver en tempo limitado, problemas análogos aos expostos durante as clases de seminario e as sesións maxistrais. O exame será escrito a entregar na plataforma Teams 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Realizarase un seguimento de actividades mediante Teams, Moodle e correo electrónico. - Correo electrónico: permanente. - Moodle: Diariamente; segundo a necesidade do alumnado. - Equipos Teams: Sesións maxistrais, seminarios e tutorías. 4. Modificacines na avaliación No caso de suspensión de actividades presenciais a avaliación realizarase de acordo coas seguintes porcentaxes: Prácticas de laboratorio: 20% Seminarios: 30% Proba mixta: 50% * Observacións de avaliación: Mantéñense as observacións á avaliación desta guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Recoméndase o uso da plataforma de libros electrónicos (elibro) que se pode acceder a diferentes libros de Química Orgánica Xeral.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes