Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Métodos Numéricos e Estatísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A3 A7 B2 B4 B10 C3 C7 C9 Resolución de problemas de carácter práctico empregando o lenguaxe de programación Python ou R. 30
Solución de problemas A7 B8 B12 Resolución de problemas de carácter práctico.
20
Proba mixta B7 B9 C9 Proba que inclúe a resolución de cuestións e problemas da materia 50
 
Observacións avaliación

A materia está organizada en dúas partes: Métodos Numéricos (MNum) e Métodos Estatísticos (MEst). 

Os contidos correspondentes á parte MNum son os indicados nos temas 0- 3, e os contidos correspondentes á parte MEst son os indicacos nos temas 4-6. Cada parte será cualificada sobre 10 puntos: 

  • A cualificación de MNum (CNum) será entre 0 e 10 puntos. 
  • A cualificación de MEst (CEst) será entre 0 e 10 puntos.

A cualificación final da materia será a media das notas acadadas en cada unha das dúas partes:  Nota Final= (CNum + CEst)/2

Indícase a continuación o desglose da cualificación para cada unha das dúas partes da materia:

  1. A cualificación correspondente á parte de MNum consta de tres partes:
    • Cualificación de prácticas a través de TIC (CP_1): entre 0 e 3.5 puntos
    • Cualificación de resolución de problemas (CR_1): entre 0 e 1.5 puntos
    • Cualificación da proba obxetiva (CE_1): entre 0 e 5 puntos.

    A calificación final de MNum (CNUm) será a suma das tres partes CP_1 + CR_1 + CE_1, sempre e cando a cualificación da proba obxetiva sexa maior que 1.5 (sobre 5 puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba obxetiva, CE_1.

    A nota final na parte Num será: CNum= CP_1 + CR_1 + CE_1

  2. cualificación correspondente á parte de MEst consta de tres partes:
    • Cualificación de prácticas a través de TIC (CP_2): entre 0 e 2.5 puntos
    • Cualificación de resolución de problemas (CR_2): entre 0 e 2.5 puntos
    • Cualificación da proba obxetiva (CE_2): entre 0 e 5 puntos.

    A calificación final de MEst (CEst) será a suma das tres partes CP_2 + CR_2 + CE_2, sempre e cando a cualificación da proba obxetiva sexa maior que 1.5 (sobre 5 puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba obxetiva, CE_2.

    A nota final na parte MEst será: CEst= CP_2 + CR_2 + CE_2

A nota final da materia será a media de CNum e CEst: NotaFinal = (CEst + CNum)/2

Na segunda oportunidade da avaliación:

  • O estudante que teña que ir á segunda oportunidade da materia, soamente terá que presentarse á parte suspensa:
    • Da parte de MNum conservanse as prácticas a través de TIC (CR_1) e a resolución de problemas (CP_1).
    • Da parte de MEst conservanse as prácticas a través de TIC (CR_2) e a resolución de problemas (CP_2).

Poñerase un Non Presentado a aqueles alumnos/as que non se presenten á proba mixta final.

- Observacións sobre o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:  As medidas de atención persoalizada específicas para o “Alumnado con recoñecemiento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para o estudo da materia, a avaliación continua das prácticas a través de TIC e da resolución de problemas realizarase mediante probas parciais online.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes