Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Análise Instrumental
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Clases de resolución de casos e problemas. Nos seminarios realizaranse 8 sesións en grupo intermedio nas que o profesor/a e os alumnos resolverán diferentes boletíns de problemas numéricos e cuestións. O traballo dos alumnos nestos seminarios evaluarase mediante a resolución de problemas o mesmo día da proba obxectiva.
Prácticas de laboratorio A aprendizaxe dos contidos da asignatura implicará 5 sesións de prácticas de laboratorio nas que o alumno poñerá en práctica os conceptos teóricos adquiridos, manipulará instrumentos analíticos e resolverá problemas. O profesor/a asesorará estas actividades.
Obradoiro Os contidos explicados afianzaranse coa realización individual (ou, no seu caso de pequenos grupos de traballo) de cuestionarios de autoavaliación.
Proba obxectiva Farase un examen final para avaliar o grao de aprendizaxe ao longo do cuatrimestre. A data do mesmo está indicada no calendario de exámes do grao.
Sesión maxistral Presentación na aula, en clases participativas, dos conceptos e procedimentos asociados á materia. A aprendizaxe implicará a incorporación de conceptos fundamentais sobre cada unha das técnicas instrumentais. Para tal fin impartiranse 28 Sesións Maxistráis sobre os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento delas, recomendase que o alumno teña lido previamente pola súa conta os aspectos fundamentais de ditos temas nos textos recomendados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes