Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Ecuacións Diferenciais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B7 B9 C9 -Proba que inclúe a resolución de cuestións e problemas da materia (a man e/ou empregando Python) 50
Solución de problemas A7 B8 B12 Resolución de problemas de carácter práctico. 25
Prácticas a través de TIC A3 A7 B2 B4 B10 C3 C7 C9 Resolución de problemas de carácter práctico empregando a linguaxe de programación Python. 25
 
Observacións avaliación

A cualificación final da asignatura consta de tres partes:

  • Cualificación de prácticas a través de TIC (CP): entre 0 e 2.5 puntos

  • Cualificación de resolución de problemas (CR): entre 0 e 2.5 puntos

  • Cualificación da proba mixta (CE): entre 0 e 5 puntos.

A cualificación final será a suma das tres partes: Nota_final= CP + CR + CE, sempre e cando a cualificación da proba obxetiva sexa maior que 1.3 (sobre 5 puntos). Noutro caso, a cualificación final será a nota obtida na proba obxetiva, CE.

A cualificación das prácticas a través de TIC  (CP) + a resolución de problemas (CR), constitúen a nota de Evaluación Continua(EV),  Evaluación continua = CP + CR.  As cualificacións de prácticas a través de TIC (CR) e de resolución de problemas (CP) conservaranse na segunda oportunidade da evaluación, esto é, consérvase a nota de EV para a segunda oportunidade.

A evaluación da CP+CR  levarase a cabo mediante a resolución de catro pequenas probas mixtas, nas que o/a alumno/a terá que resolver a man e con Python problemas da materia.

Nas actas considerarase como "Non presentado" ao alumnado que non se presente á proba mixta final.

Observacións sobre o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:  As medidas de atención persoalizada específicas para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” para o estudo da materia, a avaliación continua das prácticas a través de TIC e da resolución de problemas realizarase atendendo, na medida do posible, as súas circunstancias particulares.

- Observacións sobre fraude:  "Durante a realización da proba práctica, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario,
está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Se
durante a realización da proba práctica, hai indicios do uso non
autorizado deses dispositivos, @ estudante será expulsado da aula, e
procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia
universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

   A
realización fraudulenta das probas e/ou actividades
implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na
convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida
en tódalas actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir,
dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta a realización
das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula,
que se fagan dende fora da aula, prodedendo segundo a Ley 3/2022, de 24
de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do
estudantado da UDC."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes