Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Espectroscopía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A3 A5 A7 B2 B3 B6 B7 C2 C3 C8 A avaliación inclúe: aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas para resolver os casos, análise crítico dos resultados obtidos. 20
Proba mixta A1 A2 A5 A7 B2 B3 B7 Exame final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. 60
Presentación oral A7 A2 B2 B3 C3 C2 Calidade da información contida na presentación.
Habilidades mostradas na presentación.
Capacidade para defender o traballo presentado.
20
 
Observacións avaliación

Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento idóneo da materia, o alumnado debe asistir a todas as actividades presenciais.

Primera oportunidade. Para que se teñan en conta as actividades de estudos de casos e da presentación oral é preciso obter unha cualificación mínima de 4.5/10 en cada unha das dúas partes da proba mixta. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

Segunda oportunidade. Repetición da proba mixta, por considerarse irrepetibles as actividades relativas a estudo de casos e presentación oral, ao non ser xa posible o debate das mesmas con presencia de todo o alumnado. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

En calqueira de ambas oportunidades, de no acadarse unha cualificación mínima de 4.5/10 en cada unha das partes da proba mixta, a asignatura figurará como suspensa ainda que a cualificación final, calculada segundo as porcentaxes correspondientes, sexa igual ou superior a 5/10. Nese caso, a cualificación final será 4.5/10.

Matrículas de honra: no caso de que houbese varios estudantes con idéntica cualificación que poidan optar á MH, e o número de MH dispoñibles sexa inferior ao de estudantes, se lles convocará a unha proba escrita. Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a MH se o número destas non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

Cualificación de "non presentado": aplícase a estudantes que participaran en actividades avaliables que representen menos (<) do 40% da cualificación final.

Sucesivos cursos académicos. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volta a comenzar de cero con cada novo curso.

Alumnado con reconocimiento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Son de aplicación, en ambas oportunidades, os criterios anteriores. Neste caso poderán achegar actividades polo medio telemático que oportunamente se dispoña.

Emprego desta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento: a cualificación será "apto" o "no

apto".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes