Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Espectroscopía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A5 A7 B2 B3 B7 Exame final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. 60
Presentación oral A2 A7 B2 B3 C2 C3 Calidade da información contida na presentación.
Habilidades mostradas na presentación.
Capacidade para defender o traballo presentado.
20
Proba de resposta múltiple A2 A3 A5 B2 B3 B6 B7 C2 C3 Tests de resposta múltiple realizados a través do campus virtual. Valórase a adquisición de coñecementos sobre a materia e a capacidade de respostar cuestións sobre a mesma nun tempo limitado, poñendo de manifesto claridade nos conceptos. Estos test non se consideran recuperables na segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento idóneo da materia, o alumnado debe asistir a todas as actividades presenciais.

Primera oportunidade. Para que se teñan en conta as actividades de estudos de casos e da presentación oral é preciso obter unha cualificación mínima de 4.0/10 en cada unha das dúas partes da proba mixta. A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

Segunda oportunidade. Repítese a proba mixta, por considerarse irrepetibles as actividades relativas á proba de resposta múltiple (que reflicte a continuidade e progresividade na adquisición de coñecementos) e a presentación oral (ao non ser posible o debate da mesma con presencia de todo o alumnado). Así, nesta segunda oportunidade a proba mixta pasa a valer un 80% da cualificación final (metade para cada unha das súas partes), que se obtén aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.

En calqueira de ambas oportunidades, de no acadarse unha cualificación mínima de 4.0/10 en cada unha das partes da proba mixta, a asignatura figurará como suspensa ainda que a cualificación final, calculada segundo as porcentaxes correspondientes, sexa igual ou superior a 5/10. Nese caso, a cualificación final será 4.5/10.

Matrículas de honra: no caso de que houbese varios estudantes con idéntica cualificación que poidan optar á MH, e o número de MH dispoñibles sexa inferior ao de estudantes, se lles convocará a unha proba escrita. Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a MH se o número destas non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

Cualificación de "non presentado": aplícase a estudantes que participaran en actividades avaliables que representen menos (<) do 40% da cualificación final.

Sucesivos cursos académicos. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volta a comenzar de cero con cada novo curso.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá realizar a proba mixta, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias.

Plaxio e fraude na realización de tarefas ou probas. Será de aplicación o recollido na normativa da Universidade da Coruña.

Emprego desta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento: a cualificación será "apto" o "no

apto".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes